ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO, SOCIOLÓXICA E CULTURAL DESENVÓLVETE
CAPÍTULO I
DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1º.- 1.- Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación DESENVÓLVETE
Desenvólvete é unha asociación galega sen fin de lucro, non gobernamental, democrática, apartidaria, independente, asemblearia, transparente e con funcionamento plural; constituída co obxecto de avanzar na transformación social mediante a investigación, a sensibilización social, o deseño e implementación de proxectos e a acción individual
2.- A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable
Artigo 2º.- O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Santiago de Compostela, rúa de Gosende nº 8 C.P. 15884, concello de Santiago de Compostela, provincia A Coruña, teléfono 600203574, correo electrónico desenvolvete@gmail.com
Artigo 3º.- A asociación, en función dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial de Galicia
Artigo 4º.- 1.-Desenvólvete constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente
2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico
Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación:
a.-Desenvolvemento social sostible
b.-Análise da sociedade
c.-Educación ambiental
d. Ecuación para o desenvolvemento
e.-Recuperar a esencia do individuo ante a sociedade con antigos e novos valores
f.- Desenvolvemento persoal e artístico
g. Integración arte e sociedade
3. Para levar a cabo os seus fins créase a sección técnica AXAIAS (Análise, Xénero, Arte, Investigación e Sociedade)
2.- AXAIAS desenvolverá instrumentos para levar a cabo os seus fins, tales como:
a.-Conferencias, debates, charlas, faladoiros
b.-Talleres de educación ambiental e para o desenvolvemento
c.-Talleres artísticos e pedagóxicos dende a Pedagoxía Waldorf
d. Accións de investigación sociolóxica e artística
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins. As actividades realizadas poderán costearse coa finalidade de manter viva a ASOCIACIÓN, sen perxuízo de solicitar axudas e subvencións para o mesmo fin.
Artigo 6º. Colaboración con outras entidades e organismos
Na medida das súas posibilidades, Desenvólvete poderá colaborar ou participar en actividades doutras entidades e organismos públicos ou privados de ámbito galego, estatal ou internacional sempre e cando esta colaboración non contradiga os fins e ideario da asociación
CAPÍTULO II
DOS ASOCIADOS
Artigo 7º.- 1- Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas, tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación
2.- Poderán ser integrantes da asociación os menores con consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade
3.-Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Comisión permanente, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida
Artigo 8º.- Dentro da asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:
a) Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional
b) Non fundadores
Artigo 9º.- 1.- A condición de asociado pérdese:
1. Por vontade propia
2. Por falta de pagamento de 4 cotas
3. Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da asociación, logo do expediente disciplinario, con audiencia do interesado
4. Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica
2.- A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e c) do parágrafo anterior, será acordada pola Comisión permanente, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdicción ordinaria
Artigo 10º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
1. Propoñer e participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exercer o dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos
2. Ser informados da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade
3. Ser oídos con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias, se caben, contra eles e seren informados dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción
4. Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estimen contrarios á lei ou as estatutos
Os asociados e asociadas menores de idade non intervirán na dirección da asociación nin nos órganos de representación desta
Artigo 11º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
1. Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución
2. Pagar as cotas que se establezan
3. Desempeñar os cargos para os que foron elixidos
4. Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación
5. Acatar o contido dos estatutos
6. Ter unha boa conducta individual e cívica
CAPÍTULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 12º.- A dirección e administración da asociación serán exercidas pola Coordinadora, a Comisión Permanente e a Asemblea Xeral
Artigo 13º.1.- A Coordinadora da asociación será designada pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará 2 anos. Será asistida nas súas funcións por unha Vicecoordinadora, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade
2.- A Coordinadora terá as seguintes atribucións:
a) Representar a asociación perante calquera organismo público ou privado
b) Convocar e presidir as sesións que celebre a Comisión permanente; presidir as sesións da Asemblea Xeral; dirixir as deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate
c) Executar os acordos adoptados pola Comisión permanente e a Asemblea Xeral.
d) Ordenar os pagamentos acordados validamente
e) Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto coa Vicecoordinadora ou membro da Comisión permanente a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate
Artigo 14º.
1.- A Comisión permanente estará formada pola coordinadora da asociación, unha Vicecoordinadora e unha Técnica
2.- Os cargos que compoñen a Comisión permanente serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación
As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación
3.- A Asemblea Xeral será a competente para elixir os cargos da Comisión permanente. A súa duración será por un período de 2 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente
4.- Os cargos cesarán na súa función por:
a) falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica
b) renuncia voluntaria
c) transcurso do prazo para o que foron elixidos
d) acordo de cesamento de toda a Comisión permanente adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto
A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor
As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Comisión permanente, serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Comisión permanente debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de coordinadora, vicecoordinadora e técnica
Artigo 15º.- A Comisión permanente terá as seguintes atribucións:
1. Programar e coordinar as actividades asociativas
2. Xestión administrativa e económica da asociación
3. Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior
4. Convocar e fixar a data da Asemblea Xeral
5. Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados
6. Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación. Queda designada de forma permanente a sección técnica AXAIAS (Análise, Xénero, Arte Investigación e Sociedade)
7. Dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral
8. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados
9. Propoñer o plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas
10. Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan
11. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación
Artigo 16º.1.- A Comisión permanente será convocada polo coordinadora, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes
2.- Para que os acordos da Comisión permanente sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, da coordinadora ou vicecoordinadora ou técnica ou persoa que o substitúa que levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas
Artigo 17º.- Os membros da Comisión permanente presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Comisión permanente, a proposta dos seus respectivos coordinadoras
Artigo 18º.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes desta
Artigo 19º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Comisión permanente, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó coordinadora, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día
Artigo 20º.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o mes de decembro ata o de outubro. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a coordinadora/a da Comisión permanente
A notificación farase nos locais da asociación para as asembleas ordinarias e no domicilio dos asociados para as asembleas extraordinarias
Artigo 21º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
1. Aprobar o plan de actividades
2. Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior
3. Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio
4. Exame e aprobación das cotas
Artigo 22º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
1. Modificar os estatutos da asociación
2. Elixir e cesar os integrantes da Comisión permanente
3. Aprobar a federación con outras asociacións
4. Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais
5. Acordar a disolución da asociación
6. Designar os/as liquidadores/as
7. Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Comisión permanente
8. Solicitar a declaración de utilidade pública da asociación
9. Aprobar o regulamento de réxime interno da asociación
10. As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agardar a súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación
11. Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou a Comisión permanente
Artigo 23º. A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza da Coordinadora, Vicecoordinadora, Técnica ou persoa que o substitúa
Artigo 24º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 22º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinarao o/a coordinadora/a, o/a vicecoordinadora da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes
Artigo 25º.- Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes
As sesións abriranse cando así o determine a coordinadora. Seguidamente procederase por parte da Vicecoordinadora á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada
Posteriormente, a Vicecoordinadora procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Comisión permanente que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate
Artigo 26º.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria
Artigo 27º.- 1. A Vicecoordinadora recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do coordinadora. A Vicecoordinadora tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto
2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade da Vicecoordinadora, a coordinadora desenvolverá esta función
Artigo 28º.- 1. A Vicecoordinadora recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o coordinadora, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances
2. A Comisión permanente ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da asemblea ordinaria
Artigo 29º.- Os tres membros fundadores desta Asociación desenvolverán as seguintes atribucións:
1. Realizar programas e propostas na área de actuación de DESENVÓLVETE e da sección técnica AXAIAS
2. Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Comisión permanente
CAPÍTULO IV
RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 30º.- A asociación no momento de iniciar as súas actividades dispón dun patrimonio de 150 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural
Artigo 31º.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado pola Comisión permanente, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria
Artigo 32º.- A asociación manterase dos seguintes recursos:
1. As cotas periódicas dos/as asociados/as
2. As cotas extraordinarias que propoña a Comisión permanente e sexan aprobadas pola asemblea
3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares
4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación
5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas
Artigo 33º.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Comisión permanente, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atender as necesidades da asociación
Artigo 34º.- Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas
Artigo 35º.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta da coordinadora e da vicecoordinadora
Artigo 36º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación
CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Artigo 37º.- O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Comisión permanente e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdiccional civil
CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 38º.- Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas
Artigo 39º.- A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto
Artigo 40º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a coordinadora e o/a vicecoordinadora, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante
Artigo 41º.- O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación